ASÍ CELEBRAMOS O ENTROIDO

O xoves día 27 o colexio permitiu que cada un viñese disfrazado como quixera. Nas clases de terceiro improvisamos un pequeno desfile polo noso corredor que podedes ver neste vídeo.


E o venres día 28 foi o día en que todos se disfrazaron por grupos de personaxes de cómic. Como choveu non puidemos saír polas rúas de Tui, pero si que desfilamos polo patio do cole para que nos vesen as familias que se acercaron ata o centro. Tintín, Mafalda, Pitufos, Zipi e Zape, Superman, Batman e outros Superheroes invadiron o colexio e derrocharon superpoderes e alegría.


Por suposto tamén estaban Astérix, Obélix e demais galos, Charlie Brown e Snoopy coa súa pandilla de amigos e amigas xogadores de béisbol, e Mortadelo e Filemón e outros integrantes da T.I.A.



Este día de festa completouse cunha estupenda "cuchipanda" de postres típicos da época e unha sesión de danza xunto a tres bailarinas brasileiras coas que o pasamos moi ben. Neste vídeo podedes ver un anaco da "marcha" que había no salón de actos.