QUE PASA SE CONXELAMOS UN OVO?


A semana pasada Gael encheu unha botella de plástico con auga  e meteuna no conxelador. Como a encheu ata case o bordo a botella deformouse, e na clase era imposible que estivese dereita. Co seu experimento comprobamos que no proceso de conxelación a auga aumenta o seu volume. Hugo preguntou que pasaría se conxelásemos un ovo: romperíase ou non?. Julica esta fin de semana decidiu facer o experimento. Efectivamente a casca rompe pola presión da clara que aumenta de volume. Julica continuou o experimento pelando o ovo e volvendo a metelo no conxelador. Hoxe vimos o aspecto do ovo conxelado e como ao estar na clase e polo efecto do calor a clara e a xema volvían ao estado líquido, aínda que despois dos procesos de conxelación e fusión estaba diferente a como é un ovo recén aberto.