OS MINERAIS

Cando miramos con atención as rochas podemos darnos conta de que están formadas de grans dunha ou varias cores. Son os minerais. Algunhas rochas están compostas por un só mineral e outras están compostas por varios.

Por exemplo, unha das rochas que máis abundan na nosa localidade é o granito, que está composta por tres minerais: cuarzo, feldespato e mica.

Lucas trouxo a súa colección de minerais: calcita, oligisto, limonita, pirolusita, azurita, aragonito, galena.... e puidemos comprobar que se diferenciaban pola cor, pola dureza e tamén polo seu brillo. 





CURIOSIDADE:

O mineral máis duro é o diamante. Por iso para fabricar ferramentas moi duras empréganse anacos de diamante. 

Por suposto, tamén con el fanse xoias moi fermosas.