BIG RIDE EN TUI


Esta fin de semana vaise celebrar unha proba de Big Ride  no monte Aloia. Guti Martín, director do Big Ride Tui e organizador do evento, veu ao noso colexio acompañado de Rubén Rodríguez, o "rider" local e de Ben Cruz (californiano) e François Bailly (francés), dous destacados deportistas a nivel mundial. Faltou á cita o campión do mundo e favorito, Jerome Clementz, porque neste momento está lesionado e desgraciadamente non poderá participar. Entre todos explicáronnos en que consiste este deporte, cal é o material que se precisa para practicalo e responderon as numerosas preguntas dos nenos e nenas. Hai que destacar que dado que Ben e François non falan nin galego nin español a maioría das preguntas fóronlle feitas en inglés, unha excelente oportunidade para desenvolver a competencia lingüística neste idioma.


Ao final os de terceiro e cuarto fixemos unha foto cos deportistas e gravamos unha mensaxe desexando a Jerome que se recupere canto antes.