LIÑAS DO TEMPO PERSOAIS


Julica fixo unha liña do tempo tan longa que tivo que explicala coa axuda de dúas compañeiras para que puideramos vela ben. Elexiu fotos do día do seu nacemento, da súa avoa, das súas dúas irmás maiores, dun dos seus aniversarios, dun día de praia e dunha "travesura": o día que, sendo máis pequena, lle deron un bote de crema para protexer a pel ... e ela botoulla ao chan. 


Santi ensinounos moitas cousas: a pulseira que lle puxeron ao nacer, un documento onde lle dicían aos seus pais que o seu bebé (ou sexa Santi) estaba ben, os billetes de avión que usou para ir  xunto da súa familia de Madrid, a primeira peza de roupa que lle compraron antes de que nacera... E contounos moitas anécdotas  da súa vida mentras explicaba os comentarios que escribiu para as fotos que puxo no seu mural.


 Melanie tamén trouxo unha peza de roupa ( a súa saia preferida cando tiña tres anos ), e fixo un mural con fotos da súa familia  que estaba moi feliz de coñecela. No seu relato contounos as viaxes que fixo a Colombia, o país da familia da súa nai. Xa estivo alí tres veces e recorda habelo pasado moi ben nun parque acuático. Outra foto que destacou foi a dunha das súas monecas e a dun canciño dunha amiga.



Hugo fixo unha liña do tempo con bonitos debuxos que representaban os  seus primeiros pasos, a caída do primeiro dente aos catro anos e medio, cando conseguiu andar en bici sen rodíns, que foi aos cinco anos... Pouco despois empezou a xogar ao fútbol  e como é bo deportista enseguida gañou un trofeo coma porteiro.