Daniela fixo a súa liña do tempo cunha foto da súa mamá embarazada, outra do día do seu nacemento, outra aos tres meses disfrazada, outra dos seus primeiros pasos ( tiña un ano), dúas fotos do colexio (unha empezando Infantil e outra empezando Primaria) e rematou cunha foto actual.
Gabriel puxo unha foto de cando era bebé, outra de cando empezou o colexio aos tres anos, e, como lle gustan as consolas, elexiu dúas de cando foi agasallado cunha Wii ou cunha PSP.
Mateo trouxo unha placa cos seus datos que ten desde que naceu e fixo un mural onde puxo fotos de cando era bebé sentado na trona, dos seus primeiros pasos, co seu curmán, das primeiras festas de pascua, aprendendo a andar en bici, de paseo polo monte, en varios aniversarios e disfrazado de "Incrible".
Víctor elexiu fotos de cando era bebé, do seu primer aniversario, do seu primeiro paseo en bici, do seu primeiro día de praia, das súas primeiras vacacións e de cando empezou a ir ao colexio.