VISITA AO MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEO

Estas son as fotos da nosa visita ao Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO).

 


As actividades nas que participamos xiraron ao redor da obra de IGNACIO URIARTE, que é a que está actualmente exposta.
O seu traballo toma como punto de partida a súa anterior ocupación na oficina dunha gran multinacional. Utiliza folios, arquivadores, clips, etc, elementos todos eles relacionados coa rutina laboral e colócaos dunha maneira repetitiva logrando efectos sorprendentes.