SEPAREMOS BEN, RECICLAREMOS MELLOR

Participamos na campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor" que está promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Sogama ( Sociedade Galega do Medio Ambiente) para incrementar as tasas de reciclado en Galicia.
Hoxe tivemos nas clases de cuarto, varios monitores que nos informaron sobre a cantidade de residuos producidos cada día en Galicia (unhas 3.000 toneladas) que poden ser menos se usamos a regra das tres R: REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR
É moi importante facelo porque os recursos naturais non son ilimitados. Se reducimos (usamos só o que necesitamos) e se reutilizamos (damos outros usos ás cousas), xeneramos menos lixo, diminuímos as emisións contaminantes e aforramos enerxía. 
Tamén debemos reciclar, é dicir, separar os residuos domésticos dos envases e deixar estes últimos nos diferentes colectores de recollida selectiva.  
Durante a charla explicáronnos moi ben o que se pode botar en cada colector:

COLECTORES AMARELOS: Envases de plástico (envoltorios de galletas, iogures, xeles de baño,...), metálicos (latas de conserva, botes de bebidas,...) e briks (de leite, de zume,...)

IGLÚS VERDES: Envases de vidro, pero non as  tapas nin os vasos  nin as copas (porque non son envases).

COLECTORES AZUIS: Son para o papel e o cartón. Non serven as servilletas nin os panos da man porque son moi finos e teñen restos orgánicos.


Tamén debemos ir aos Puntos Limpos para levar alí o que non poidamos botar nos colectores.


 Se queredes saber como é SOGAMA facede clic enriba da palabra...