Durante as últimas semanas os nenos e nenas dos tres cursos de cuarto organizáronse en grupos e estiveron buscando información sobre as diferentes Comunidades e Cidades Autónomas. Despois tiveron que contarlle aos seus compañeiros e ás súas compañeiras o que descubriron. Pouco a poco foron colocando nun mural os mapas das distintas comunidades ata que conseguiron ter xuntos tódolos territorios que forman España. Arredor quedan expostos moítísimos datos que nos axudaron a coñecer mellor o noso país: bandeiras, provincias e capitais, comidas típicas, traxes, bailes, instrumentos musicais, monumentos, idiomas, personaxes célebres, festas, espazos naturais, curiosidades etc.
Despois deste gran traballo, a profe Marta entregou os carnés de corresponsais de cada Comunidade. Agora cada un ten que contar na clase as novidades que vaian acontecendo en cada Comunidade según se vaian producindo.