Estivemos no Museo de Pontevedra visitando a exposición sobre Xosé Filgueira Valverde. Alí faláronnos
das diferentes etapas da súa vida: os lugares onde viviu, a súa vinculación co
Seminario de Estudos Galegos, o seu papel como defensor do uso do galego, o seu
traballo como profesor no Instituto de Pontevedra e coma creador do propio
Museo, os cargos políticos que desempeñou como alcalde da súa cidade,
conselleiro de Cultura e presidente do Consello da Cultura Galega e as súas
facetas coma escritor e coma estudoso da
literatura.
Tamén visitamos outras salas onde vimos cadros pintados por Ovidio Murguía (fillo de Rosalía de Castro); cadros e caricaturas pintadas polo músico Manuel Quiroga despois de ter o accidente que lle impediu seguir tocando o violín; cadros, caricaturas e máscaras pintadas por Castelao, etc.
Foi unha visita ben interesante!