CONTACONTOS

María da Pontragha estivo no colexio contando contos aos nenos e nenas do segundo ciclo. Unha historia dun vello e unha vella que tiñan moito medo, outra que explica por que o raposo e o lobo deixaron de ser amigos, unha de trasnos moi traballadores pero con trampas polo medio e, a última,  dunha princesa  pouco convencional, fixéronnos pasar un moi bo rato.