RECITAL DE POESÍA

No colexio temos un poeta: o profe Javi.  A mediados do ano pasado pubricou o seu primeiro libro, que se titula "Donde lloran las musas". Hoxe tivemos a sorte de escoitalo recitando algúns dos seus poemas... poemas que falaban da súa nai, do seu avó, do seu primer sobriño, do desexo que teñen algunhas persoas de volver a ser nenos, de xente que está soa, de xente que se foi e é recordada con nostalxia, de paxariños que simbolizan a alegría, a esperanza... 
Antes de recitar cada poema falou de cada un, do que pretendía expresar ao escribilo e iso axudou a entendelo e a desfrutalo pois a súa poesía, coma el mesmo nos dixo, non está dirixida a nenos e nenas, senón a xente adulta. 
No recital estiveron presentes tódolas clases de terceiro e cuarto, que escoitaron con moitísima atención e ao final quixeron saber moitas cousas e non pararon de preguntar: que canto tempo leva escribindo, que a quen lle escribiu o primeiro poema, que se vai seguir escribindo, que é o que lle impulsa a escribir, que se custa ter ideas, que se é difícil escribir, se é difícil pubricar, se vendeu moitos exemplares, etc, etc.

Grazas Javi. Encantounos escoitarte!