Hai uns días visitounos Manuel Velasco que traballa na empresa
responsable da recollida de residuos no Concello de Tui (Grupo SOIL).
O principal
obxectivo da súa visita foi intentar concienciar e implicar aos nenos e nenas
na correcta separación de residuos nos distintos colectores de reciclaxe e que
fomenten esta actitude responsable entre os maiores do seu fogar.
Recordamos:
-Iglú verde
para os envases de vidro.
-Colector
amarelo para envases de plástico, envases metálicos e envases tipo brick.
-Colector
azul destinado a envases de papel e cartón.
Ademais fixo fincapé no fomento da estratexia das 3R: reducir, reutilizar e
reciclar.
Tamén falou aos nenos e nenas de conceptos como a compostaxe e os puntos limpos.
Na clase estamos traballando o tema "Como é a Terra". Tamén temos que saber qué é moi importante o seu coidado para que dure moito tempo. Nesta canción recordan a todos e a todas o que temos que facer.