O DRAGÓN EFERVESCENTE

Na clase conseguimos que un pequeno dragón botase espuma pola boca.
Primeiro decoramos unha botella de auga para que parecese un dragón. Logo enchimos a mitade da botella con vinagre, un chorro de deterxente líquido e unha gota de colorante alimentario e axitamos con suavidade para mesturalo todo. Despois puxemos bicarbonato nun pano de papel, enrollámolo e retorcemos as puntas. Por último metimos o pano dentro da botella e esperamos.
Pasados uns minutos o dragón empezou a lanzar espuma con moita forza.

A mestura do vinagre e o bicarbonato produce un gas que se chama dióxido de carbono, que forma burbullas no vinagre. A reacción que producen esas burbullas e o deterxente é o que fai  que non pare de sair espuma.

A toda a clase lle encantou este experimento. Tanto que o repetimos varias veces cambiando as cores do dragón.

Coas imaxes que grabamos fixemos un pequeno conto.