NOVOS DEPORTES

Hoxe estiveron connosco un grupo de persoas que pertencen a APAMP de Vigo (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral). O encontro forma parte do programa que ten o noso colexio cara a sensibilización ante a diversidade. Outros anos xa coñecemos a persoas cegas e xordas. Este curso descubrimos como as persoas con mobilidade reducida tamén poden practicar deporte.  Con eles e elas xogamos a "boccia" e a "slalom". O primeiro é un xogo parecido á petanca e está considerado deporte paraolímpico. O segundo é unha carreira con obstáculos en cadeira de rodas.
MOITAS GRAZAS POR VIR!!!