A PLANTA DA PAZ

Esta é a maceta que Lúa, a mascota da biblioteca, nos deu en xaneiro para que plantasemos a planta da Paz. Despois de varios meses regándoa con pingas de traballo cooperativo saíronlle follas de varias cores cheas de palabras "bonitas" e unha gran flor formada pola silueta de tódalas mans.