MENÚS TERRORÍFICOS

A semana pasada, despois de ler un fragmento de "Escarlatina, a cociñeira defunta" de Ledicia Costas, os nenos e nenas da clase escribiron menús especiais para a festa de Samaín.
Esta é unha mostra do que fixeron.  Non recomendamos lelos co estómago cheo, por se se nos revolve. 




Logo, na casa, os/as que quixeron, prepararon algúns dos pratos e na clase degustámolos, superando as "sensacións" que nos producía o aspecto da comida, un tanto arrepiante.