O mércores fomos ao teatro da Área Panorámica a ver a obra "Os soños na gaiola" de Manuel María, nunha adaptación interpretada por Títeres Alakrán.
Así volvemos a homenaxear ao escritor ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas este ano, e recordamos algúns dos poemas, que xa sabíamos, e que en forma de cancións, aparecían na obra, mentres a nena protagonista, coñecía a unha serie de personaxes que lle daban pistas para descubrir onde estaba agochada Galicia.
XA sabedes....
Galicia é o que vemos: Galicia somos nós:
a terra o mar, o vento... a xente e máis a fala.
pero hai outra Galicia Se buscas a Galicia
que vai no sentimento! en ti tes que atopala!
(MANUEL MARÍA)