PLANTAMOS NA NOSA HORTA


Nas zonas chuviosas, coma Galicia, decembro é boa época para plantar allos, así que os nenos nenas de cuarto separaron os dentes de varias cabezas e foron introducíndoos  na terra cunha separación de 10 cm aproximadamente. Tamén aproveitamos o día para plantar algunhas cebolas. Esperamos ter unha boa colleita, aínda que para iso teremos que esperar varios meses.