VISITA A UNHA RESIDENCIA DE ANCIÁNS

Chegou o día no que por fin entregamos os agasallos que tiñamos preparados. 
O primeiro deles eran os obxectos de barro (as pezas dun belén e adornos para unha árbore de nadal) que foron cocidos no forno do colexio e empaquetados nunhas bolsiñas que quedaron moi bonitas. O seu destino era a residencia de anciáns "Paz y bien" de Tui. 

O segundo agasallo eran as cancións e bailes que estivemos ensaiando estes últimos días.


Foi unha experiencia estupenda poder mostrar o noso traballo e a nosa alegría aos anciáns e ás anciás da residencia. 

A cambio eles compartiron connosco os seus recordos, falándonos de como celebraban o Nadal cando eran nenos e nenas. Tamén nos ensinaron a súa colección de beléns (feitos coas súas mans e premiados en diversos concursos) e poidemos coñecer por dentro e por fóra o edificio onde viven. 

A todos e a todas lles gustou moito que os/as foramos visitar e esperan que volvamos máis veces durante o curso. 

Nós intentaremos regresar para encher a residencia cos sorrisos que tanto lle gustaron.