A DIVERSIDADE FUNCIONAL

A principios de decembro celebrouse o Día Internacional das Persoas con discapacidade, para sensibilizar a todos e todas sobre cuestións relacionadas coa diversidade funcional. 

Xa que no colexio temos unha profesora especialista en lingua de signos, o Departamento de Orientación invitounos a unha serie de actividades encamiñadas a coñecer mellor a realidade das persoas xordas. 

Os nenos e nenas miraron este vídeo, onde Pedro, un neno xordo consegue, coa colaboración dos seus amigos, ir eliminando as barreiras de comunicación.



Coa axuda da profesora Ana, foron descubrindo como resolven as persoas xordas diversas situacións da vida diaria: que tipo de espertadores utilizan, como saben se alguén está chamando ao timbre da porta, como poden seguir unha película, se poden sentir a música... 

Tamén practicaron o alfabeto en lingua de signos reproducindo a forma das letras coas mans e ensaiaron varias formas de saudarse ou presentarse.