A FESTA DAS CORES

Hai dúas semanas houbo unha gran festa no colexio. Estaba relacionada coa pintura, o noso proxecto deste curso. Por iso chamámola "Festa das Cores".

En primeiro lugar, cada clase, igual que fixemos o ano pasado, irmanouse con outra clase. A nós e a 3º B tocounos coa aula de 1ºB.


Xuntos fomos pasando por cada un dos talleres que estaban preparados en distintas partes do colexio: salón de actos, biblioteca, corredores, patio...




Había un taller de puntillismo, no que cuns pequenos bastóns de algodón se podían facer puntos de cores sobre as letras do noso "slogan" COAS NOSAS MANS O TEU SORRISO.
















Outro taller era de pulverización, e podíase disparar pintura pulverizada sobre un gran papel branco.



 









No taller de estampación usábanse materiais reciclados como cartóns de ovos, rolos de papel hixiénico, tapóns, esponxas... para deixar marcas de pintura con diferentes formas e texturas.



 









No seguinte taller había que botar pinturas e centrifugar a toda velocidade sobre un papel colocado nun lateral do recipiente.












Despois noutro taller poñíase un papel no fondo dunha caixa de zapatos, botábanse gotas de pintura de varias cores, colocábanse algunhas canicas enriba, pechábase a caixa e axitábase con forza deixando que as bolas debuxasen libremente.


 









Había outro taller de estampación, esta vez con elementos naturais: follas, mazorcas, piñas...






Cunha xiringa enchíase un globo de pintura. Unha vez feito un nó podíase lanzar sobre un lenzo intentando que estoupase e deixase a súa marca de cor.

 











No taller de estampación de camisetas, cada un/unha deixou a pegada das súas mans na camiseta que trouxo da súa casa para tal fin.













No taller de "collage" podíanse compoñer novas caras a partir dos ollos, bocas e narices dos "profes" do colexio.









Había un último taller no que soprando pintura cunha palla se facían debuxos sobre un papel. Pero neste non estivemos porque non deu tempo. 

Era a hora das "Carreiras das Cores" e queríamos participar.

Correron tódolos nenos e nenas en diferentes quendas, e moitos pais, nais e "profes", e tamén varios cans cos seus donos ou donas. 


Na saída disparaban sobre os corredores miles de papeis de cores. Era moi bonito ver coma todos/as empezaban a correr debaixo de tanto colorido.


Foi un día incrible, onde todo o mundo o pasou moi ben. Agora empeza o desenvolvemento do proxecto. Hai moito que descubrir: pintores/as, xéneros, técnicas, materiais... Cada clase elixirá algo sobre que investigar e fará un traballo que compartirá co resto do colexio a final de curso.