DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES







Para celebrar o "Día das Bibliotecas ESCOLARES", que é o 24 de outubro, Lúa escribiu unha carta pedindo a tódolos nenos e nenas do colexio que lle fixesen un retrato.







Estas son as versións feitas na nosa clase.


En agradecemento Lúa regalou pegatinas onde aparece ela vestida de pintora.

Ademais, invitounos a visitar de novo a biblioteca para que poidamos ver tódolos libros que ten relacionados coa " pintura". Moitos deles foinos buscar á Biblioteca Municipal. Agora xa podemos empezar a nosa investigación.