NECESITAMOS MÁIS ÁRBORES AO NOSO CARÓN


Armados/as cun legón os nenos e as nenas da clase foron ao patio do colexio e cravaron un gran buraco. Despois de botar nel un pouco de fertilizante, plantaron unha árbore froiteira. Agora todos e todas están moi comprometidos/as coa idea de facer o que estea na súa man para que poida medrar sen dificultade. Durante as vacacións de Semana Santa esperamos que se adapte ben ao terreo, e á volta será necesario facer algún cartel para que os demais compañeiros/as do colexio saiban onde está, xa que quedou un pouco mimetizada entre a gran cantidade de herba que hai arredor dela.

Cada persoa para respirar necesita aproximadamente o osíxeno  que expulsan vinte e dúas árbores.
Na clase somos vinte e tres persoas, así que necesitamos o osíxeno de moitas árbores. Deberíamos seguir plantando máis? Se pensades que si, esta é unha moi boa actividade que podedes facer tamén coa vosa familia.