SEMANA DA CIENCIA

Lúa, coa axuda dos nenos e nenas de 6ºC, organizou unha semana dedicada á ciencia. 
As clases de terceiro foron o martes pasado e participaron nos diferentes obradoiros: no de magnetismo e de electricidade realizaron varios experimentos e no de robótica manexaron os robots que hai na biblioteca e iniciáronse na programación co ordenador. 


Recordade, ademais de ler libros moi divertidos ou buscar información súper interesante tamén se pode construír, experimentar, investigar... e Lúa ten un recuncho especial para facelo, que vos invita a visitar. Se queredes ir no recreo tedes que apuntarvos previamente para reservar plaza.