PLANTAMOS NA HORTA

Rematadas as obras do comedor escolar, xa podemos usar de novo a horta. 

A nosa clase foi a encargada de plantar cebolas. 




Primeiro houbo que facer regos separados 25 cm uns dos outros.

Logo lemos no saquiño as instrucións...





Cada cebola debía ser soterrada a 2 cm de profundidade e separada da seguinte entre 10 e 15 cm.


Despois, chegou a hora de poñer un pouco de fertilizante e tapar os regos co legón.


Finalmente, cunha regadeira os nenos e nenas botaron auga.



Este é o aspecto que ten a horta agora. 

Ademais das cebolas hai leitugas, repolo, berzas, acelgas, amorodos, cenoria...


Agora toca esperar a que medren e seguir traballando (quitando malas herbas, regando...) que todos e todas sabemos que os traballos dos/as agricultores/as son moitos e moi variados, se se quere recoller unha boa colleita.