ACTUACIÓN DO CORO DO CEIP BOUZA BREY DE PONTEAREAS

Recibimos a visita do coro do colexio Fermín Bouza Brey de Ponteareas  que nos deleitou cun fantástico concerto.


Remataron a súa actuación cunha versión da canción "El patio" de Pablo López no que mostraban o seu  rexeitamento a calquera tipo de violencia. Aquí podedes escoitar un anaquiño, de novo.


O coro do noso colexio actuou baixo a dirección do profe Ramiro e tamén o fixeron moi ben.




Finalmente, os dous coros xuntos sumaron as súas voces e deixáronnos a todos con ganas de escoitalos máis veces.