O conservatorio de Tui invitounos a visitar as súas instalacións.
Unha profesora de violín acompañada doutra profesora de piano e de varios/as alumnos/as ofrecéronnos un pequeno concerto. Tamén un profesor de frauta e outro de gaita tocaron para nós pezas de música tradicional, clásica e moderna. Gustounos moito escoitalos e algúns xa están pensando en matricularse o ano que ven para aprender a tocar algún instrumento.
