Comezamos o proxecto Erasmus+.
Todo o colexio foi pasando por varios talleres dedicados a promover "un estilo de vida saudable e feliz".
Varios profesionais (un deportista e cociñeiro, unha fisioterapeuta, unha odontóloga, unha nutricionista, dúas horticultoras e algúns profesores/as...) ocupáronse de dirixir actividades relacionadas coa horta ecolóxica, co exercicio físico e a alimentación equilibrada, co coidado dos dentes, coa relaxación e o control postural, coa reciclaxe e a reutilización de materiais...
Foi unha xornada onde as nenas e os nenos desfrutaron moito e, sobre todo, aprenderon e reflexionaron sobre o que teñen que facer para mellorar a súa vida diaria tanto no aspecto físico, coma no mental e social.