A CARREIRA DA MILLA

Lúa, acompañada da profe Bea, inaugurou o circuíto da Carreira  da Milla.

Despois invitou a tódolas nenas e nenos a participar por primeira vez nesta modalidade de carreira, e irá dando puntos a quen o faga noutras ocasións durante o recreo. Desta maneira está promovendo unha nova forma de exercicio físico, aumentando a alternativa de deportes que se poden practicar no patio do colexio.