INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

O xoves Lúa estaba na biblioteca acompañada do profe Ramiro.


Tiña unha maleta e dela foi sacando cousas: unha bandeira do Reino Unido, unha gaita irlandesa, un galo portugués, unha pizza italiana, un paquete de sal de Torrevieja...

Contounos que este verán viaxou por moitos países de Europa e coñeceu varios colexios cos que se puxo de acordo para traballar xuntos.


Estaremos todas e todos colaborando nun proxecto ...
financiado pola Unión Europea.


O proxecto titúlase "Promovendo un estilo de vida saudable e feliz" e nel participaremos seis escolas de cinco países distintos. 

Lúa púxonos un vídeo da viaxe e entregounas as mochilas viaxeiras e unha invitación para participar nunha xornada de presentación do proxecto na que haberá moitos obradoiros onde poderemos aprender moitas cousas para levar unha vida máis saudable.