Para coñecer mellor o relevo de España, a clase dividiuse en catro talleres:
- No primeiro as nenas e os nenos pintaban de cores o mapa de España.
- No segundo facían montañas con plastilina.
- No terceiro facían carteis cos nomes das distintas cordilleiras, illas...
- No cuarto buscaban información para elaborar tarxetas con preguntas relacionadas co relevo destinadas a un xogo de mesa para a aula.
Por quendas tódolos grupos pasaron por tódolos talleres ata que completaron o traballo e quedou rematada a maqueta do relevo de España.
Así quedou finalmente.
O xogo de preguntas tamén foi moi entretido e repetirémolo máis veces.