COMEZA A MILLA

Coincidindo co Día Europeo do Deporte iniciamos a Milla Erasmus+ de Lúa, un circuíto onde cada día todo o alumnado percorre millas para axudar a Lúa (a mascota da biblioteca do colexio) a dar a volta ao mundo. 



Cada clase buscou nesta primeira ocasión unha forma divertida de facer a milla en grupo.

A nosa clase percorreuna saltando e facendo diferentes xestos á vez que dicían os números do un ao vinte en inglés. Foi moi divertido.



A partires de agora haberá que facer moitas millas para que Lúa poida dar a volta ao mundo, e así contarnos moitas cousas interesantes dos países aos que chegue.