SAMAÍN 19


A entrada no colexio foi diferentes aos outros días. Hoxe as luces estaban apagadas e entramos a escuras. En cada esquina había esperando seres arrepiantes, e a música  de fondo non axudaba moito a que estivesemos tranquilos/as..., pero conseguimos chegar sen contratempos á nosa aula. 









Sabemos que estamos en Samaín.


Xa dentro, os nenos e nenas explicaron aos seus compañeiros/as as receitas de comidas terroríficas que traían para compartir coas outras clases. 









Antes da "cuchipanda" había que vestirse (tiñamos roupas que podíamos modificar ao noso antollo) e maquillarse adecuadamente para a ocasión.











Mentres estabamos ocupados/as nesas tarefas, visitáronnos algúns personaxes un tanto desaliñados...


... aínda que nós non tiñamos mellor aspecto que eles...



Rematamos o día dando boa conta dos manxares terroríficos...