LÚA CHEGOU A TORREVIEJA

Hai uns días recibimos unha carta de Lúa que nos dicía que coas millas feitas por todos os nenos nenas do colexio pasou por Figueira da Foz, Lisboa, Faro, Sevilla, Granada... e xa chegou a Torrevieja. 

Durante a viaxe descubriu moitos alimentos saudables coma as olivas do sur de Portugal e de Andalucía; e as excelentes laranxas de Valencia...

Pero o que máis lle chamou a atención foi que en Figueira da Foz e en Torrevieja hai salinas. E de alí trouxo saquiños de sal para todos.



O sal úsase coma conservante e coma condimento para darlle sabor ás comidas, pero recordade que non se pode consumir en exceso.

Na clase separámolo en bolsiñas e repartímolo.