CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


Participamos nunha carreira "campo a través" organizada pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte, na que estabamos acompañados de nenos e nenas de moitos colexios da zona.  








Este era o circuíto que tiñan que percorrer os/as de Terceiro de Primaria.



Os nenos e nenas da clase correron moi ben e quedaron primeiros do seu grupo, pero sobre todo fixeron exercicio ao aire libre e divertíronse moito, que é o máis importante. 

Hai que destacar que Alicia conseguiu clasificarse para o Campionato Provincial.