"MISTERIO NA CLASE 35"

Un dos proxectos no que quixeron traballar as nenas e os nenos da clase foi a rodaxe dunha película.

Por equipos, escribiron varios guións. Cando estiveron rematados, votaron para elixir un. 

O equipo que escribira o guión gañador continuou traballando na historia, incorporando diálogos para que poideran participar tódolos nenos e nenas da clase. 

Todo sucede no noso colexio. Por diversos motivos varios nenos e nenas, e tamén as profesoras, teñen que saír da aula, e non volven. Os demais organízanse en grupos para ir a buscalos, e pouco a pouco tamén van desaparecendo, supostamente asasinados.

A rodaxe foi moi divertida, a pesar de que a película era de medo. Pero conseguimos rematala, aínda que non se chega a descubrir quen é o/a culpable.

As nenas e os nenos da clase teñen claro que hai que rodar unha segunda parte. Terá que ser o curso que vén...

O estreno mundial foi na propia aula 35 e foi moi aplaudida polo público asistente.

Aquí tedes o "thriller". Podedes vela enteira nas casas dos protagonistas, que teñen unha copia da película enteira.