ÚLTIMO DÍA DO CURSO

O curso pasado non puidemos rematar cunha festa coma era habitual e este curso tampouco, así que organizamos diversas actividades na clase durante toda a mañá.

En primeiro lugar fixemos unha subasta na que os nenos e as nenas empregaron as moedas ("mons") que aínda lles quedaban sen gastar. Había  moitímos obxectos de todo tipo e estivo moi entretida e todos/as atoparon cousas do seu gusto.  

Despois organizamos talleres de manualidades, nos que deseñaron marcos para as fotos de grupo que levan coma recordo do seu paso pola aula 35 e construíron colares e pulseiras.

Tamén competiron en diversos xogos na pantalla dixital e bailaron no patio ao ritmo das cancións que previamente elixiran.


Coma colofón final puideron experimentar o que se sinte ao entrar nun espazo iluminado con luz negra ultravioleta. 

Para eles foi máxico descubrir o "océano" que alí se agochaba: peixes, medusas, polbos... brillaban de forma espectacular; moitas das súas camisetas tamén.

Pouco a pouco, e superada a sorpresa inicial, foron explorando todos os recunchos e usaron rotuladores fluorescentes para modificar ou completar a paisaxe atopada.


Moitas grazas a profesora Ana, que nos invitou a participar desta instalación artística que preparara para os seus alumnos/as e coa que rematamos o curso dunha forma que non van esquecer.