Aproveitamos que estabamos traballando sobre o universo para preparar dous tableiros de xogo que nos servirán para practicar o cálculo mental.
Os fondos son debuxos de diferentes astros. Sobre eles fixemos un circuito de números ata o 100.
O xogo complétase con dous grupos de tarxetas: un está formado por números e o outro por sígnos atemáticos ( +; -, x., : ). As tarxetas estarán colocadas boca abaixo.
Para empezar a partida os/as participantes terán que levantar unha tarxeta con número.
Nas seguintes tiradas terán que levantar dúas tarxetas; unha de números e outra de signos e facer a operación desde a casilla onde están colocados. Gaña o/a que primeiro/a que sobrepase o número 100.