Ímonos de excursión !
Mediante un xogo de pistas fomos coñecendo as diferentes áreas do Monte Santa Trega.
No cumio do monte contáronnos cousas interensantísimas sobre as diferentes especies de aves que pasan por esa zona, xa que está nunha das rutas migratorias. Tamén puidemos desfrutar das maravillosas vistas panorámicas da desembocadura do río Miño.
A carón da ermita de Santa Trega faláronnos da arte rupestre e explicáronnos o que son os petróglifos. Despois copiamos en folios varios deses debuxos prehistóricos. Fixémolo sobre reproducciones en pedra... Os orixinais non se deben tocar nunca, para non deterioralos !
Na citania aprendemos moitas cousas sobre a arquitectura dos pobos prerromanos que habitaban este castro. Estas construcións apórtannos moitos datos sobre a forma de vivir naquela época. Ademais fixemos unha actividade de orientación que nos axudou a resolver o xogo de pistas que nos propuxeron ao inicio da excursión.
Finalmente, aprendemos como era a economía e a gastronomía da época e plantamos tres árbores: un carballo, un pexequeiro e unha figueira. Fixámonos moi ben onde os púxemos porque queremos volver en máis ocasións para observar como medran.
Pasámolo xenial e aprendemos moito !