Así de bonita está a bilioteca agora ! Paredes pintadas, estanterías novas, mesas e cadeiras distintas, recunchos diferentes... Encantounos !
Recibiunos un grupo de nenos e nenas de sexto que son "axudantes de biblioteca" e explicáronnos como está organizada, onde podemos atopar os libros de información ou os de lecer, que se pode facer en cada espazo, etc.