Coincidindo co Día das Bibliotecas Escolares retomamos o proxecto que iniciamos o curso pasado todo o centro:
Con este proxecto queremos poñer o noso gran de area na consecución dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que contén a Axenda 2030.
Durante todo o día houbo obradoiros con diferentes actividades na biblioteca, na horta, na aula de plástica, na aula de inglés, nos xardíns... para concienciarnos unha vez máis do importante que é a alimentación sa, o consumo responsable, a reutilización dos produtos, a reciclaxe, etc.
Nós empezamos facendo composicións artísticas a partires das follas que as árbores están deixando caer nesta época do ano.
No obradoiro de reciclaxe con diversos materiais (vasos de iogur, la, cartóns, papeis, etc) construímos xogos que agora temos na aula.
Xa botamos varias partidas !!!
Na bilioteca esperábanos unha sorpresa !!!
Coñecemos a primeira Personaxe da Liga Extraordinaria: un ourizo chamado Naturizo, que vivirá na nosa biblio e nos acompañará neste camiño que comezamos a percorrer.
Tamén vimos vídeos que explicaban polo miúdo o proxecto e por que é importante para o planeta que todos/as colaboremos no seu coidado.
Despois houbo un pequeno debate para elixir as mensaxes que deixaríamos impresas nun gran mural.
Antes de marchar, regaláronnos unha caixa cunha morea de libros para a nosa biblioteca de aula. Estamos desexando lelos !!!