Hoxe celébrase o Día da Terra, unha data marcada pola ONU, co obxectivo de concienciar a todos e todas sobre a necesidade de coidar e protexer o noso planeta.
No noso centro escollemos esta efémerides para sumarnos ao programa Recreos Residuos Cero impulsado por "Teachers for future Spain".
Os nenos e nenas da nosa clase foron os encargados de explicar a todo o colexio como podemos colaborar cada un de nós e as razóns de por que debemos facelo.
Aquí tedes algunhas imaxes do paso dalgúns deles polas distintas aulas.
"Queremos que todo isto sexa un proceso de mellora colectivo e compartido, como comunidade que somos. A unión fai a forza, e que hai máis importante que a nosa saúde e a do medio ambiente no que vivimos. O futuro está nas nosas mans".
(Fragmento da carta mandada a tódalas familias)