TRABALLANDO XUNTOS

Reunímonos coa nosa clase irmá para facer unha actividade xuntos. Como se acercaba o Día Escolar da Paz decidimos preparar unhas pegatinas con caras sorrintes que imos repartir pola nosa cidade dándollas ás personas coas que nos crucemos.
A clase de 2ºC recibiunos con alegría e foi estupendo traballar alí, apretadiños, pero compartíndoo todo: ideas, materiais, sorrisos...

GUÍAS DE ANIMAIS

Nesta páxina poderedes atopar información sobre as especies animais que viven na península ibérica. Tedes que premer enriba da imaxe.

Nesta outra tamén poderedes buscar información:


Se vos interesan as aves...

Se vos interesan os peixes...



Para repasar os contidos do tema 4 de ciencias naturais facede estas actividades.

XORNADAS DE EDUCACIÓN VIAL

A DXT e o Concello de Tui organizaron unhas xornadas de educación vial para que os nenos e nenas tiveran a ocasión de practicar nun circuito as normas básicas de comportamento coma peóns e coma usuarios de bicicletas. Alí, "in situ" fixéronse conscientes dos erros que cometían e aprenderon a respectar os sinais de tráfico que ían aparecendo no seu traxecto. Previamente asistiron a unha charla na que reflexionaron entre outras cousas sobre as consecuencias de non cumplir as normas de circulación.




A CERÁMICA

O proxecto do colexio “COAS NOSAS MANS O TEU SORRISO” segue avanzando. 

O luns reunímonos no salón de actos tódolos terceiros e cuartos co profesor Fernando que nos deu unha conferencia sobre como o barro se converte en cerámica: 
-Explicou con detalle como é todo o proceso desde que se extrae da barreira, ata o momento en que os alfareiros rematan o seu traballo e xa se pode comercializar.
-Falounos un pouco da historia da cerámica, da que hai vestixios vinteseis mil anos atrás.
-Fixo alusión ás distintas profesións relacionadas co barro como poden ser a dos oleiros ou a dos telleiros....

Por último miramos xuntos un vídeo no que un alfareiro usaba o torno para facer unha xarra.

O martes, Pepe, un telleiro experimentado, fíxonos unha demostración en vivo de como facer tellas, mentras contaba cantidade de anécdotas sobre o seu traballo. Tamén permitiu que algúns dos nenos e nenas fixesen eles mesmos, coas súas mans, a súa propia tella. 


ARTE EN LOS PUENTES DE TUI



Todos los miércoles recibimos en la clase varios ejemplares de "La Voz de Galicia" y hacemos alguna actividad relacionada con alguna de las noticias que aparecen ese día. 


Esta semana encontramos una página entera cuyo titular era "Arte en los puentes de Tui" y nos relataba como el Ayuntamiento había convocado un concurso para decorar varios puentes.


Los niños y las niñas de la clase leyeron la noticia y se convirtieron en periodistas, redactando de nuevo, a su manera, lo que está aconteciendo en nuestra ciudad.


Además, con sus dibujos proponen otros temas que se podrían pintar en el puente que aún no se decoró.



Estos son los trabajos de Álvaro y de Eva.
(Haz clic sobre cada imagen para verla en grande)














Rubén y Noa amplian la información ofreciendo más datos.


















Unos días después de leer el periódico vimos al artista pintando el último puente (el de Magnolia).


FELIZ 2017