XORNADAS DE EDUCACIÓN VIAL

A DXT e o Concello de Tui organizaron unhas xornadas de educación vial para que os nenos e nenas tiveran a ocasión de practicar nun circuito as normas básicas de comportamento coma peóns e coma usuarios de bicicletas. Alí, "in situ" fixéronse conscientes dos erros que cometían e aprenderon a respectar os sinais de tráfico que ían aparecendo no seu traxecto. Previamente asistiron a unha charla na que reflexionaron entre outras cousas sobre as consecuencias de non cumplir as normas de circulación.