A CERÁMICA

O proxecto do colexio “COAS NOSAS MANS O TEU SORRISO” segue avanzando. 

O luns reunímonos no salón de actos tódolos terceiros e cuartos co profesor Fernando que nos deu unha conferencia sobre como o barro se converte en cerámica: 
-Explicou con detalle como é todo o proceso desde que se extrae da barreira, ata o momento en que os alfareiros rematan o seu traballo e xa se pode comercializar.
-Falounos un pouco da historia da cerámica, da que hai vestixios vinteseis mil anos atrás.
-Fixo alusión ás distintas profesións relacionadas co barro como poden ser a dos oleiros ou a dos telleiros....

Por último miramos xuntos un vídeo no que un alfareiro usaba o torno para facer unha xarra.

O martes, Pepe, un telleiro experimentado, fíxonos unha demostración en vivo de como facer tellas, mentras contaba cantidade de anécdotas sobre o seu traballo. Tamén permitiu que algúns dos nenos e nenas fixesen eles mesmos, coas súas mans, a súa propia tella.