Os nenos e nenas de 3º percorreron 5 km do Camiño de
Santiago Portugués.
Saíron dende a Ponte das Febres en Ribadelouro e remataron
en Orbenlle (Porriño).
A actividade, patrocinada pola Xunta de
Galicia e Xacobeo 2021 para potenciar o uso do Camiño, foi dirixida pola
empresa de educadores ambientais Alecrín.
Durante a xornada o alumnado achegouse a un estilo de vida saudable mediante a actividade física no medio natural, á vez que participou, dividido en grupos, na resolución de diferentes retos encamiñados a coñecer mellor as lendas, a fauna e a flora do Camiño.
Tamén tiveron oportunidade de gozar dunha paisaxe extraordinariamente bonita e observar a
diversidade e a cantidade de peregrinos que percorren estes días o Camiño para
chegar a Santiago.