INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA




Por fin chegou o día 24  de outubro (Día das Bibliotecas).

 Lúa esperábanos en persoa.

Estaba, coma é habitual,  acompañada polo "profe" Ramiro, que recibiu a cada unha das clases tocando a guitarra e cantando a canción de Lúa.


Encontramos a Lúa moi rexuvenecida. Isto é porque ultimamente fai moito deporte e aliméntase moi ben. O seu estilo de vida é moi saudable e ela quería compartir os seus avances con todos nós.
 

Contounos que a partires de agora xa poderemos usar a biblioteca tódolos días tanto nas horas de clase como nos recreos e tamén pola tarde, de 4 a 6.

Aproveitou para falar das novidades do proxecto Erasmus+ e traía un carriño da compra con produtos saudables e outros que non o eran tanto. Estivemos axudándoa a clasificalos. Todo era un xogo para concienciarnos sobre a necesidade de fixarse ben na composición dos  alimentos e así non deixarse levar polo impulso de comprar produtos cun exceso de azucre ou graxas.

Tamén presentou as novidades da biblioteca: libros que se compraron sobre alimentación, sobre relaxación, sobre o coidado da horta...; coleccións novas para desfrutar na biblioteca, na clase ou na casa...

Ademais, entregou as mochilas viaxeiras con libros novos...

Cantas novidades!!!

Pero... aínda tiña reservada para o final unha gran sorpresa...

A APERTURA DO RESTAURANTE DE LÚA

Lúa invitou a todo o colexio a coñecer o seu restaurante onde se servirán menús saudables nos que os ingredientes principais serán os produtos recollidos na horta, e os cociñeiros/as poderemos ser nós mesmos.😀😀😀😀😀


Nesta ocasión había pratos de froitas para os nenos e nenas e montadiños de "cociña internacional" para os/as "profes". Estes últimos feitos cos agasallos dos compañeiros/as dos países asociados no proxecto Erasmus+.