TUI SEN VIOLENCIA DE XÉNERO

Participamos na Campaña "TUI SOÑA" da Concellería de Igualdade do Concello de Tui, un proxecto educativo encamiñado a construir entre todos un mundo mellor onde non teña cabida a VIOLENCIA DE XÉNERO.


A nosa clase colaborou xunto aos compañeiros/as da outra clase de 3º e das dúas clases de 4º, vestindo a silueta dunha figura feminina.

É a que está á dereita da imaxe. 
As outras foron vestidas polas demás clases do noso colexio.

Na boca da figura puxemos "EU SON..." e no vestido aparecen palabras como inxeniosa, activa, creativa, intelixente, nai, viaxeira, guapa, elegante, valente, amable, forte, educada, tenra, atrevida, optimista, cumpridora, dinámica, preciosa, simpática, organizada, bondadosa, serena... e moitas máis que representan todo o de positivo que ten unha persoa, neste caso, calquera muller.