SAMAÍN 2022

Un ano máis celebramos o Samaín converténdonos en personaxes fantásticos relacionados co medo, aínda que na nosa clase fannos esbozar... un gran sorriso !!!


Este curso o Equipo de Dinamización Lingüística do colexio propúxonos elaborar unha receita no comedor. Nós eliximos "MINIPIZZAS DE MOMIA"

Esta é a receita:
Estaban deliciosas !!!

Despois na clase seguimos comendo os postres terroríficos que mandaron as familias para compartir. Moitas grazas! Estaban boísimos!


E con música, bailes e xogos, rematamos a xornada. Ata o mércores !!!

MENÚS TERRORÍFICOS

Os/as chefs da clase prepararon para estas datas uns menús especiais. Hai unha grande variedade de entrantes, primeiros e segundos pratos, postres e bebidas, cada cal máis asqueroso. Seguro que á nosa bruxiña lle encantan.!


A NOSA BRUXA

Tódolos nenos e nenas da clase deron ideas para o deseño dunha bruxa. Decidiron se levaba vestido ou saia, zapatos ou botas, pelo longo ou curto, as cores, os accesorios...

Posteriormente, divididos en equipos, coordináronse para ir construíndo as diferente partes. E este é o resultado: unha preciosa bruxa que xa está colocada nos corredores do colexio.

  


COMEZA O PROXECTO DESTE CURSO

Coincidindo co Día das Bibliotecas Escolares retomamos o proxecto que iniciamos o curso pasado todo o centro: 

Con este proxecto queremos poñer o noso gran de area na consecución dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que contén a Axenda 2030.

Durante todo o día houbo obradoiros con diferentes actividades na biblioteca, na horta, na aula de plástica, na aula de inglés, nos xardíns... para concienciarnos unha vez máis do importante que é a alimentación sa, o consumo responsable, a reutilización dos produtos, a reciclaxe, etc.

Nós empezamos facendo composicións artísticas a partires das follas que as árbores están deixando caer nesta época do ano.


Estas son algúns dos preciosos traballos realizados. O truco é......   deixar voar a imaxinación!

No obradoiro de reciclaxe con diversos materiais (vasos de iogur, la, cartóns, papeis, etc) construímos xogos que agora temos na aula. 

Xa botamos varias partidas !!!

Na bilioteca esperábanos unha sorpresa !!!

Coñecemos a primeira Personaxe da Liga Extraordinaria: un ourizo chamado Naturizo, que vivirá na nosa biblio e nos acompañará neste camiño que comezamos a percorrer. 

Tamén vimos vídeos que explicaban polo miúdo o proxecto e por que é importante para o planeta que todos/as colaboremos no seu coidado. 

Despois houbo un pequeno debate para elixir as mensaxes que deixaríamos impresas nun gran mural. 

Antes de marchar, regaláronnos unha caixa cunha morea de libros para a nosa biblioteca de aula. Estamos desexando lelos !!!


Na horta un grupo de avós e avoas, expertos en cultivos ecolóxicos, explicáronnos moi ben as características dese tipo de cultivo e o saudables que son os produtos que se recollen, porque non levan fertilizantes químicos.

Logo tocounos a nós plantar diferentes sementes e tamén... amorodos.
 Esperamos ter unha boa colleita !!!


O último obradoiro no que estivemos foi o de compostaxe. Alí, xunto ao colector repasamos os pasos para facer un compost de calidade. Os restos orgánicos, que normalmente están húmidos, hai que mesturalos con estruturante, que vai permitir que se aireen. Entón aparecerán as bacterias e outros organismos que se ocuparán de degradar todo. Finalmente, co paso do tempo teremos.... un fertilizante estupendo para a nosa horta !!!

Que ben o pasamos e canto aprendemos !!!

BALONMÁN DE ALTO NIVEL

Esta semana a Selección Española de Balonmán Xuvenil, a mellor de Europa actualmente, está en Tui preparándose para o Campionato do Mundo do próximo ano.

E nós tivemos a sorte de asistir a un dos seus entenamentos. Os xogadores foron moi amables e ao final firmaron autógrafos e fixéronse fotos cos nenos e nenas do colexio.

O sábado 15, ás oito e cuarto da tarde, xogarán contra o Académico de Braga que é un dos mellores equipos de Portugal. Se podedes ir, non vos perdades o partido!!!.


DITONGOS

Recordade que A, E e O son vogais FORTES; I e U son DÉBILES.



AS CAPAS DA ATMOSFERA

Estamos estudando as capas da atmosfera e agora sabemos, entre outras cousas, que na TERMOSFERA está a Estación Espacial Internacional.

Grazas a astronauta italiana Samantha Cristoforetti, que publica moitos vídeos nas redes sociais, podemos ver como viven no espazo ela e os seus compañeiros.

No mes de setembro pasado foi nomeada comandante, converténdose na primeira muller europea que está ao mando da ESA.

Este verán Samantha puido por fin camiñar polo espazo.

Samantha responde a preguntas dunha nena española de 9 anos.

LA ACENTUACIÓN DE LAS PALABRAS

Escucha con atención


Truco



DA HORTA Á MESA

Os/as nosos/as compañeiros/as de Cuarto A recolleron as espigas de millo que plantaran o curso pasado na horta e debulláronas para poder moer os grans e obter fariña.

A profe Bea trouxo tamén fariña de trigo e fariña de castañas e poidemos comprobar as diferenzas entre as tres clases de fariña.

Logo mesturamos as fariñas de trigo e millo, botámoslle auga morna, sal e levadura e amasamos. Despois cada un/unha fixo un boliño no que introduxo chourizo ou queixo e rematou salpicándolle enriba varias herbas aromáticas, tamén recollidas da horta.

O resultado: un "bocata diferente" para o recreo que estaba ben quentiño e, por suposto, delicioso.